Exame aos candidatos e candidatas

Os candidatos e candidatas terán seis minutos para expoñer as súas ideas diante do alumnado
20 de Maio, 2019 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Fene entra na campaña electoral ou a campaña entra no IES de Fene. Os candidatos presentan mañá no centro fenés as súas propostas en materia medioambiental e de sostibilidade.

Os distintos partidos políticos con representación no Concello de Fene participarán mañá no IES de Fene nunha Pecha Kucha organizada polo alumnado de 3º da ESO que está a desenvolver un proxecto sobre sostibilidade “Por un Fene sostible” na materia de Inglés. Cada candidato disporá dun máximo de 6 minutos para expoñer os seus proxectos sobre sostibilidade para Fene. Tras as distintas exposicións abrirase unha quenda de preguntas por parte do alumnado. O pecha kucha celebrase mañá martes, 21 de maio ás 9.00 no IES de Fene.

Este proxecto se está a desenvolver ao longo deste 3º trimestre e xa tiveron lugar distintas actividades. Entre ellas unha presentación da estratexia ecolóxica práctica para enfrontarse ao Cambio Climático, a cargo de Xabier Picos educador de ASPANEPS e membro da Asociación Picos do Sol. O alumnado realizou unha visita ao centro ocupacional de ASPANEPS onde se desenvolve un programa de Compostaxe Comunitaria e horta ecolóxíca (na imaxe). O obxectivo deste proxecto é concienciar ao alumnado da importancia do noso papel na loita por un futuro mellor.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora