ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O 17 e 18 de setembro chega o Fenerock a San Valentín. Na cita deste ano converxen varios grupos formados na comarca de Ferrol. Un deles é Innsbruck, un grupo fenés que tocará no paseo marítimo de San Valentín o primeiro dia do Fenerock, o venres 17. No bastará é o tema que da título ao seu videoclip gravado en Pontevedra o pasado inverno. O Fenerock dános a oportunidade de escolitar o seu directo despois dun ano.
Pouco máis dun ano ten o grupo que reune a tres feneses: Toni, Rubén Mosquera e Borja, e o eumés, Jose. Os catro son estudantes universitarios ou xa traballadores pero úneos a afección pola música e esa é a razón da creación de "Innsbruck", nome dunha vila austríaca que escolleron nunha terna de propostas.
Ensaiaron nunha casa de Sillobre durante un tempo e agora fánno nun local da Graña, á espera de que o concello de fene acondicione un local de ensaio que se ubicará probablemente nos módulos de Perlío.
Dous membros do grupo, o guitarrista Toni e a voz e tamén guitarra,Mos, pasaron esta mañá polos micrófonos da "Fenestra de verán" prometendo dalo todo na oitava edición do Fenerock.
Egolatría, Parte de mi verdad, Understand e No bastará- con letras de RubéN Mosquera, son a carta de presentación do grupo, que non quere clasificarse en ningún estilo musical concreto.