Exito da degustación de cogumelos de Aetna

Exito da degustación de cogumelos de Aetna

15 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

70 comensais degustaron a cea servida pola Asociación Etnográfica e da Natureza (AETNA) nos seus locais de Maniños (Fene A Coruña) na tarde noite de onte. Os cociñeiros Daniel Pulzoni e Miguel Quintía prepararon un gorentoso menú integrado por un arroz mixto de cogomelos, carne estofada con lactarius e lepiotas e un xeado con crema de cantarellus.

A cea serviu de remate á unha serie de actividades organizadas pola entidade ecoloxista de recollida e divulgación de fungos. Tal foi o éxito da iniciativa, que AETNA tivo que pechar o prazo de inscrición hai xa 7 dias. Esa demanda certifica a creenza do auxe na elaboración da cociña a partir de cogumelos. A micofobia retrocede e conforme se coñecen e divulgan zarrotas, níscalos e boletus medra tamén o gosto de probar os manxares confeccionados con productos do reino micetal.

Sociedade