A expansión da Biblioteca de Mugardos necesita dun novo emplazamento

A expansión da Biblioteca de Mugardos necesita dun novo emplazamento

27 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Desde o ano 1981 a Biblioteca Municipal de Mugardos atópase no seu actual emplazamento, case en fronte da casa do concello. Un local de escasas dimensións que impide o desenvolvemento de moitas actividades. Segundo a actual bibliotecaria, Fátima García Cendán, “poderíase proxectarse máis aos veciños. Existe un gran descoñecemento das posibilades da biblioteca. Non é que non a precisen pero o espazo non permite acoller moitos usuario

O fondo da Biblioteca de Mugardos ascende a 11.200 volumes pero tras un  expurgo para axustarse ao espazo  a cifra se reduce aos 10 mil. Destes só un pouco máis da metade se atopan nun ficheiro informatizado. Posúe unha sección de fondo xeral de consulta clasificada por materias para adultos, narrativa, poesía, teatro, biografías e un pequenísimo recuncho para a lietartura infantil. O seu fondo local de Mugardos e comarca contén entre 100 e 150 publicacións. O apartado en lingua galega aínda está sin informatizar polo que non hai cifras reais de libros en galego. De todos os xeitos, a demanda no noso idioma é escasa a pesar de contar con bos títulos. Moitos usuarios solicitan a versión castelá dos éxitos máis recentes, como as dúas últimas novelas de Domingo Villar.

2100 persoas son socios da biblioteca mugardesa máis só arredor de 700 veciños se achegan habitualmente ao longo do ano. Acuden desde idades temperás, os prelectores ata xente de idade avanzada.

Na medida do seu reducido espazo, a biblioteca leva a cabo sesións de contacontos e obradoiros. Este verán sacarán á rúa, para acoller a máis xente, unha programación infantil que inclúe unha gimkana, xogos para descubrir títulos de libros, autores e personaxes de contos. Celebrarase  a finais de agosto-principios de setembro nunhan especie de praza ao lado da casa do concello.

Presta servizos de  información e referencia, consulta en sala, préstamo a domicilio, acceso a internet con 3 equipos informáticos e conexión con wifi, que conta con moita aceptación entre os usuarios. Asemade ofrece actividades de animación, hemeroteca e proxecta a creación dun clube de lectura. 

Sociedade