Exparlamentarios falan mañá en Fene diante dos estudantes

Exparlamentarios falan mañá en Fene diante dos estudantes

12 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios organizan unha charla-coloquio no CPI A XUNQUEIRA, San Valentín, Fene que se celebra o martes 13 de xaneiro ás 16:30h. Nesta charla participarán os exdeputados Ángel Ramón Mesa Torreiro (PPdeG), Antonio Campos Romay (PSdeG-PSOE) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG).

As charlas-coloquio son sesións divulgativas nas que os alumnos dos centros educativos galegos poden coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia. Os/as exparlamentarios/as asistentes relatan en qué consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan as preguntas do alumnado. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.

Lugar: CPI A XUNQUEIRA. Avda. do Mar, s/n. San Valentín. FENE.
Data e hora: 13/01/2015, 16:30 h.

Sociedade