Expectación diante da chegada do coche en 1948

Expectación diante da chegada do coche en 1948
23 de Setembro, 2021 - 10:06 h. | Publicada por Radio Lugo

"A foto foi tomada en Mondoñedo polo ano 1948. Era un dos primeiros autobuses que houbo nesta cidade. Nela aparece o meu bisavó agarrado ao ferro por detrás do soldado na praza do concello de Mondoñedo. Meu bisavó fora invitado para ver a chegada dese primeiro autobús pois era amigo do conductor. Na imaxe vese a expectación que causou a súa chegada porque amoreouse moita xente, e mesmo detrás das ventás. Vemos que o cambio no tempo foi considerable, non había límite de pasaxeiros e a ubicación tamén era distinta e variada". Este foi o texto explicativo da fotografía, que resultou premiada na categoria de Ensino Secundario no IV Certame Imaxes do Patrimonio, organizado pola asociación Ponte nas ondas. 

ESCOITA O PODCAST:
O coche chega a Mondoñedo. Ponte nas ondas

Presentaronse un total de 490 fotografías ao concurso, polo que o xurado tivo un dificil traballo de selección. O certame pretende descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado patrimonio cultural. A rapazada debe acudir á casa dos avós ou avóas, buscar fotografías antigas e que lle expliquen as circunstancias que explican a imaxe. Favorécese a posta en valor do patrimonio e o intercambio entre diferentes idades, segundo asegura Xerardo Feijóo, da asociación Ponte nas ondas.

Cultura

Publica o teu comentario agora