ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A concelleira de Educación e Cultura, Mercedes Carbajales, preside esta tarde o acto inaugural do Curso de Verán da UNED “Patrimonio cultural e construcción do coñecemento: unha aproximación multidisciplinar”. Expertos na xestión do patrimonio e profesores da distintas universidades participan nesta acción formativa que por primeira vez se celebra na cidade.
Neste Curso de Verán da UNED abordaranse, entre outras cuestión, a “Memoria Urbana de Ferrol: entre o consenso e o conflicto social” nunha charla que correrá a cargo do profesor José María Cardesín Díaz. Tamén intervirán Luis Sánchez Feijoo, membro do Instituto de Cultura e Historia Naval de Ferrol, cun relatorio sobre o “Patrimonio militar na cidade”, e o catedrátido Alfredo Vigo Trasancos, falando sobre “Arquitectura e cidade”. Porque, como explicou Susana Blanco, directora da aula da UNED en Ferrol, un dos obxectivos do curso é “poñer en valor o patrimonio ferrolano”.
Ás cinco do serán, na aula da UNED da rúa María de Ferrol, está prevista a inauguración do curso “Patrimonio cultural e construcción do coñecemento: unha aproximación multidisciplinar”. As sesións prolongaranse ate o vindeiro 10 de xullo, baixo a dirección do profesor Francisco Javier Muñoz.