Expertos internacionais analizarán en Santiago o concepto de identidade

Expertos internacionais analizarán en Santiago o concepto de identidade

09 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Máis de cen académicos procedentes de 22 países reuniranse a vindeira semana en Compostela para ofrecer unha análise sobre o concepto da identidade e debater arredor do papel que as relacións entre linguaxe e sociedade xogan na formación e expresión desa identidade. O grupo de investigación Discourse and Identity -liderado polo profesor do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemaña Manuel Barbeito Varela- celebrará entre o m&eacut

Cun enfoque interdisciplinar estudaranse “os procesos lingüísticos e outras estratexias sociais que permiten aos individuos e grupos recrearse a si mesmos”, apuntan os organizadores. Abordarase este tema dende as ramas da lingüística, a literatura, a socioloxía, a psicoloxía, a historia e os estudos de xénero.

Os conferenciantes plenarios convidados son os profesores Ann Banfield (Universidade de California, Berkeley), Irma Taavitsainen (Universidade de Helsinki), Michael Toolan (Universidade de Birmingham), Ruth Wodak (Universidade de Lancaster) e Laura Alba-Juez (UNED, Spain). Coordina o encontro a profesora Teresa Sánchez, coa tamén docente de Filoloxía Laura Lojo na secretaría.  

Sociedade