Explorar Fene no Verán máis alá

Explorar Fene no Verán máis alá

09 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concellería de deportes de Fene traballa xa no  “Verán máis alá” a alternativa de conciliación para as familias de Fene con nenos pequenos, durante o mes de xullo. Un mes de actividades lúdias e educativas a un tempo para rapaces e rapazas que volverán desenvovlerse nas instalacións do colexio Centieiras de Perlío. Baixo o lema "Explora Fene" volve un ano máis o programa de conciliación da vida lab

Está previsto un programa que inclúe:

Xogos cooperativos e populares, predeporte e deportes convencionais para favorecer a socialización, a cooperación a tolerancia e o xogo limpo.
Actividades acuáticas, xogos na auga, nas instalacións da Piscina Municipal.
Excursións para coñecer o noso Concello e outros puntos da comarca.
Danza, música, teatro: Coreografías, bailes, ritmos e expresión corporal, elasticidade…
O horario será de  8:00 a 14:30 horas. A incorporación pode variar de 8 a 10 da mañá, segundo a preferencia dos pais e nais. Os nenos e as nenas terán que incorporarse ás 10:00 h e saír entre as 14:00 e as 14:30 h.

A matrícula no Verán máis alá realizarase os días 16 e 17 de xuño, (dentro dunha semana) nun horario ininterrumpido de 8 da mañá a 7 da tarde.  A ficha cos datos deberá entregarse no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44 entrechán dereita) por rigorosa orde de inscrición até cubrir as 120 prazas.

O 1º membro da unidade familiar, debe pagar 68,15 €. A partir do 2º membro da unidade familiar, 36,70 € pero cabe a posibilidade de reducción de cotas:

En situación de escasa capacidade económica, as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo acceder gratuitamente a esta actividade nos termos sinalados na Ordenanza fiscal núm. 2.
As persoas interesadas en acollerse a este suposto, deberán formalizar igualmente a matrícula nos prazos fixados.
As persoas que participen na actividade só unha quincena pagarán o 50% da cota establecida.

Sociedade