Exposición de gravados de arqueoloxía moderna de Bernard de Montfaucon

Exposición de gravados de arqueoloxía moderna de Bernard de Montfaucon

24 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

O Seminario Diocesano de Lugo acolle, mañá martes, a inauguración dunha exposición da obra L`Antiquité Expliquée Representé en Figures de Bernard de Montfaucon, considerado o fundador da arqueoloxía moderna. Esta obra está recompilada en 15 volúmenes publicados entre o 1719 e 1724, que pertencen á Biblioteca do Seminario Da cidade das murallas.

A exposición recolle perto de 1400 gravados dos deuses, costumes relixiosas, arquitectura, prácticas militares, hábitos domésticos e ritos funerarios do mundo antigo. Un referente, aínda hoxe, para o estudio da arte.   

A mostra estará aberta ao público ata o día 8 de febrero, en horario de 10 a 13:30h e de 17 a 19h, na  pranta baixa do Seminario.  

Cultura