A exposición máis impactante

A exposición máis impactante
14 de Xaneiro, 2019 - 12:27 h. | Publicada por Radio Fene

Des-amparo é a exposición máis impactante de cantas teño visitado na Casa da Cultura. Con entusiasmo acollen as persoas visitantes da mostra de pintura de Laura Bouza. Cóntanos o proceso e o avance da doenza do Alzheimer.

ESCOITA O PODCAST:

 

Antonio López, avó de Laura

http://173.255.131.18/audio/140119LOPEZ.mp3

 

Teo Castro e Sara Alonso

http://173.255.131.18/audio/140119CASTRO.mp3

Laura Bouza e o seu autorretrato

Des-Amparo é o nome da exposición. Des é a negación, o inverso. Amparo é o refuxio, o coidado, pero tamén era o nome de pila da avoa de Laura Bouza, falecida hai un ano. Antonio López quedou viúvo e por iso o seu retrato en soidade é o que fecha a mostra na Casa da Cultura de Fene.
Os materiais tamén falan na exposición porque se usa o esparto e a escaiola, materiais vencellados á terra. A persoa deixa de ser ela cando padece unha doenza como o alzheimer. A mostra que se pode ver na Casa da Cultura de Fene fala dunha experiencia biográfica.
Trátase dunha exposición conceptual que se abre cos retratos do tataravó, bisavó,a avoa e da propia Laura Bouza. Logo reprodúcese a evolución do Alzheimer contando as fases da enfermidade. Todo remata coa soidade do seu avó tras o falecemento de Amparo. A mostra pódese visitar ata finais deste mes na Casa da Cultura de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora