A exposición Os cines da Comarca recala en Fene

A exposición Os cines da Comarca recala en Fene

19 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fotografías dos cines da comarca, dos seus propietarios, dos operadores e taquilleiras, prospectos de películas, anécdotas, a memoria do cinematógrafo que xa non é. Todo iso podemos ver na exposición “Os cines da comacra de Ferrol” que, en 25 paneis, se inaugura ás 20 horas na casa da Cultura de Fene.

Unha mostra itinerante que arrancaba hai tres anos no concello de Narón, unha iniciativa da asociación cultural Conxeito. O seu presidente, Lois Calvo, falou da exposición, afirmando que a maioría das salas desapareceron o mesmo que a xente que promovéu este tipo de industria do ocio dende os primeiros anos do seculo XX. Tres anos leva Lois Calvo poñendo rostros á historia do cine na comarca. 

Ferrol era unha cidade moi cosmopolita grazas ao Arsenal. A finais do XIX e principios do XX había opera, teatro, espectáculos de todo tipo e por iso o cinematógrafo chegou pronto. O primeiro o “New England” nunha barraca no Cantón de Molíns, tamén o Romea e despois o Teatro Jofre. Son tantas as historias como esta que, tirando do fío da exposición que mañán se inaugura en Fene, Lois Calvo topou materia suficiente para publicar un libro e mesmo non descarta no futuro a posibilidade de abrir un museo do cine na comarca. Quedamos de momento coa exposición dos Cines da Comarca que mañán se inaugura na Casa da Cultura de Fene ás 20,00 horas. Alí permanecerá ata o 4 de xuño. As visitas podense facer tanto polas mañáns como polas tardes.

Sociedade