Expropiación e licitación das obras na estrada de Franza-Ares

Expropiación e licitación das obras na estrada de Franza-Ares

05 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras inicia o proceso de expropiación para obras de mellora da seguridade na estrada AC-123 de Franza-Ares. De xeito paralelo, o departamento que dirixe Agustín Hernández prepara o proceso de licitación desta obra a través da Sociedade Pública de Investimentos nos vindeiros días, por máis de 1,5 millóns de euros. A lonxitude do tramo sobre o que vai actuar e de 1,6 Km e beneficia

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupacións dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da senda peonil no treito que une Franza e Ares, na estrada AC-123. As unidades principais de obra centraranse en accións de excavación, estendido de mestura bituminosa en quente e colocación de pavimento, bordo e adoquín.

Como obras complementarias, levaranse a cabo sendas peonís, drenaxe lonxitudinal e transversal e sinalización e balizamento. O proxecto tamén contempla traballos de instalación e mellora dos sistemas de saneamento e abastecemento. Acondicionaranse ademais as interseccións con outras vías e construiranse sendas peonís ao longo de todo o trazado.

Sociedade