Ezequiel Mosquera: “Aspiro a competir cos grandes galos no Giro de Italia”

Ezequiel Mosquera: “Aspiro a competir cos grandes galos no Giro de Italia”

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A grande esperanza galega para o Giro de Italia e líder do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, vén de padecer o caso do futbolista Cañizares aplicado ao ciclismo. A agardada participación de Mosquera na loita pola maglia rosa está en suspenso logo de que o deportista mancase o pulso nun accidente doméstico. Desta volta non foi un frasco de colonia, senón un tropezo na escaleira da súa casa mentres levaba na man o ordenador portátil. &ld

“A lesión non debería dar maior problema, pero vén en moi mal momento porque me atopaba moi ben de forma”, láiase o líder o equipo profesional galego, para quen se “chafaron os meus plans e os do equipo”. A intención do conxunto que dirixe Álvaro Pino pasaba porque Mosquera competise no Giro de Trentino, que principiou onte, para afacerse ás estradas italianas. O xefe de filas do Xacobeo Galicia avanzou a Radiofusiòn que, para compensar o cambio de plans na preparación, competirá na Volta a Asturias a partir do martes xa que a magoadura que lle impide apoiar ben na guía da bicicleta non parece grave.

A edición número 100 do Giro de Italia é un reto para o equipo galego e o seu líder: trátase da primeira gran volta ciclista de tres semanas á que foi convidado o Xacobeo, e as aspiracións de Mosquera son máximas: “O obxectivo é estar o máis arriba posible e competir cos grandes galos do ciclismo”. O corredor galego poderá pedalear a carón de Lance Armstrong, Ivan Basso ou Darío Cunego, entroutras estrelas, nunha proba que sae o día 9 de maio de Venecia e rematará en Roma, atravesando os Apeninos, os Alpes e mesmo o volcán Vesubio.

Deportes