Fíxonos sufrir

Fíxonos sufrir
02 de Xaneiro, 2024 - 12:59 h. | Publicada por Radio Fene

“Foi un partido moi competido. O líder xogou a un ritmo moi alto e fíxonos sufrir moito. Empataron nun córner e tiveron ocasión para gañar. Pero penso que o reparto de puntos foi xusto” afirma o segundo adestrador do Perlío Rubén Varela. 

ESCOITA O PODCAST:

David Fernández Piñeiro e Henrique Sanfiz entrevistaron a Rubén Varela:

http://173.255.131.18/audio/020124VARELA.mp3

Fotografia Xan Xe

Cinco partidos leva o Perlío sen coñecer a derrota. O sábado en encontro aprazado correspondente á décima xornada, o Perlío sacou un punto do enfrontamento diante do Val, o poderoso líder da Primeira Galicia de fútbol que só perdeu un choque no que vai de competición. Adiantouse o equipo dos Pinares cun gol de Pocho no minuto 10. Empatou O Val no 72. Perlío 1 - 1 O Val. 

 

Na imaxe Alejandro Braojos "Pocho", autor do gol do Perlío. Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora