Fóra os mandóns!

Fóra os mandóns!

19 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Dpto. de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Boiro organiza, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, unha representación escénica a cargo da compañía de “Teatro dos Ghazafelhos” dirixida a nenos e nenas de educación infantil e público familiar en xeral. Escenificarase O país dos mandóns” este venres, ás 20:30h na Estación Le&ntil

O contacontos, denominado "O país dos mandóns" fai referencia a unha sociedade patriarcal e de cómo este tipo de organización coarta a liberdade das mulleres e das nenas. 

Escrito por Paloma Rodríguez e Cristina Justo, o libro forma parte da colección Contos pola igualdade. Cunha linguaxe sinxela, con imaxes con moita carga simbólica, a través da narración explicarase como as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos.

Cultura