Fóra tabús coa Historia Secuestrada polo Franquismo

Fóra tabús coa Historia Secuestrada polo Franquismo

03 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Manuel Monge presenta esta tarde en Ferrol o seu libro "A historia secuestrada polo franquismo". Durante o acto, que será de entrada libre e gratuíta, o autor estará acompañado por Francisco Pillado, de Edicións Laiovento, e polo historiador ferrolán Eliseo Fernández.

"Este é un libro para recuperar a historia secuestrada polo franquismo, mais tamén un libro para a acción, para cambiar as cousas", di Manuel Monge. Na súa opinión, en Galicia «non houbo guerra civil, senón un auténtico xenocidio». Manuel Monge fala nesta obra de temas que, segundo dixo, aínda se consideran tabú case 40 anos despois do fin da dictadura.

Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Manuel Monge foi profesor do colexio ferrolán Tirso de Molina. Encarcerado no ano 1971, tras ser detido durante a campaña en contra do xuízo ao que estaban a ser sometidos os dirixentes de Comisións Obreiras. A presentación será na Galería Sargadelos, de Ferrol, ás 20 horas.

Cultura