ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un equipo da Preferente Galicia visita esta fin de semana Fene. Na Copa da ría de fútbol afeccionado, o Galicia de Mugardos visita o campo do Ramo de Barallobre. Para o técnico fenés, Óscar Varela, é todo un reto que quere gozar. Tamén na mesma competición O Val, da Primeira Galicia, xogará co Perlío.
Os tres encontros da Copa dos equipos de Fene dispútanse este venres. As once e media no campo do Pote, Maniños – Estrella. As doce no campo do Ramo, Barallobre – Galicia de Mugardos. As catro e media da tarde no campo dos Pinares, Perlío – O Val. Trátase dos oitavos de final e resolveranse a partido único.
O fútbol feminino retoma a copa o domingo. Ás 11,30 no campo do Pote vense as caras Maniños e San Sadurniño Ás 12 nos Pinares, enfróntanse Perlío co actual líder da competición, o Galicia de Caranza.
Publica o teu comentario agora