Fabulosos cubatas en Ferrol e Allariz

Fabulosos cubatas en Ferrol e Allariz

19 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

"Miki Lauda, agarrate fuerte, Miki Lauda, que viene una curva, Miki Lauda, oreja a la plancha, Miki Lauda". Ese é o retrouso dunha das cancións de Os Fabulosos Cubatas de Focking Brothers coa música de "Lady Laura". Para escachar coa risa, coas súas letras, as súas melodias, ironias e sarcamos. Tocarán esta noite no pub La Reserva de Ferrol e mañá sábado no café Roi Xordo de Allariz.

Eduardo Hermida ( pintor, ilustrador e axitador cultural ferrolán, do barrio de Canido) e Pepe Doré ( ex-Los Doré, músico versátil coruñes que compón música para teatro e series de TV) forman Os Fabulosos Cubatas de Focking Brothers no ano 2000. Con este espectáculo levan percorrida practicamente toda a península, onde fixeron máis de 400 concertos.

Sociedade