A Facultade de Humanidades presenta os seus achados de Siria

A Facultade de Humanidades presenta os seus achados de Siria

02 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Exito da Faculdade de Humanidades de Ferrol. O equipo do Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio (PAMES), que lidera a Universidade da Coruña e o Servizo de Antigüidades de Damasco desde hai xa cinco anos, concluíu a súa última campaña de campo cun achado excepcional. O pasado mes de maio, os arqueólogos atoparon taboíñas con escritura cuneiforme pertencentes a un arquivo duns 3300 anos de antigüidade entre os restos dunha fo

Trátase de dúas taboíñas de arxila sen cocer, que constitúen os textos asirios máis antigos descubertos ata a data no val do Medio Éufrates. Este novo achado sitúa á arqueoloxía española ao máis alto nivel da investigación no ámbito da historia antiga de Mesopotamia, ao ser a primeira vez que unha universidade do noso país atopa taboíñas cuneiformes no que foi o berce da civilización.

Para dar a coñecer este novo descubrimento, a Universidade da Coruña celebrará mañá venres unha rolda de  prensa no que participarán diferentes especialistas, entre eles o director do PAMES e profesor da Facultade de Humanidades de Ferrol Juan Luis Montero Fenollós.

Sociedade