FADEMGA FEAPS Galicia tomou parte na exposición itinerante organizada pola Obra Social Caixa Galicia ‘solidarízate’

FADEMGA FEAPS Galicia tomou parte na exposición itinerante organizada pola Obra Social Caixa Galicia ‘solidarízate’

09 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A quenda de FEAPS Galicia comezou onte, de 11.00 a 13.00 horas pola mañá, e de 18.00 a 20.00 horas, na mesma calle luguesa. Esta é a súa quinta escala, despois de pasar polas cidades de Vigo, Ourense, Santiago e Ferrol para amosar as actividades levadas a cabo. Nesta exposición amosáronse as actividades de ASPNAIS, asociación de Lugo integrada dentro da federación Special Olympics.

 

Así, membros de APSNAIS estiveron presentes no lugar de realización da mostra dispostos a informar das actividades desenvolvidas e dos servizos prestados pola entidade. Por outra banda, un grupo de deportistas integrantes desta asociación, en representación de Special Olympics Galicia, organización dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, realizaron unha pequena exhibición de deportes minoritarios, como son: salto dinámico, bowling, recepción de pelota, tiro a porta, lanzamento de precisión e habilidades con raquetas e pelotas, entre outros.

Con esta actividade pretendeuse dar a coñecer á sociedade o importante papel levado a cabo polos voluntarios das organizacións sen ánimo de lucro galegas. Por este motivo, FADEMGA FEAPS Galicia, entidade que aglutina a máis de 40 asociacións en toda cunha ampla base voluntaria, non quixo deixar pasar esta oportunidade de colaborar coa exposición.

Sociedade