Falece Domingos Dosil, fundador de COGAMI

Falece Domingos Dosil, fundador de COGAMI

06 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) quere facer público o seu máis fondo pesar polo falecemento de Domingos Dosil, fundador e Presidente durante dezasete anos de COGAMI. Dosil, faleceu victima dun cancro. Foi alcalde de Muros, polo Bloque Nacionalista Galego.

Segundo un comunicado de COGAMI, "Dosil foi un exemplo de coraxe e constancia na defensa dos dereitos da persoas con discapacidade de Galicia e de toda España. Sen Domingos Dosil é imposible imaxinar a evolución da situación social das persoas con discapacidade e do movemento asociativo que as representa. Coa súa personalidade e entusiasmo foi quen de aglutinar e poñer en común o esforzo de moitas persoas e entidades. Domingos Dosil personaliza os esforzos de milleiros de cidadáns para construír unha Galicia mellor para as persoas con discapacidade".

Por expreso desexo non se admiten flores. A familia recibirá ata mañá ás 10:30 horas no Tanatorio Boisaca (Rúa das Mulas, nº 1- Polígono do Tambre- Santiago de Compostela).

Sociedade