Falece un estibador portuario nun accidente laboral no porto de Ferrol

Falece un estibador portuario nun accidente laboral no porto de Ferrol

17 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un accidente laboral no porto de Ferrol saldouse esta mañá cun traballador morto, nunha actividade relacionada co carbón. O traballador falecido era estibador portuario da empresa SAGEP . Segundo fontes policiais, faleceu esta mañá nun accidente laboral, ao inhalar CO2 na bodega dun buque carboneiro.

Segundo as mesmas fontes policiais, o accidente ocurríu ás 10,15 da mañá, cando o empregado entrou nunha bodega e inhalou CO2, accidentalmente.

O home quedou inconsciente e o 061 comprobou, ao chegar coa ambulancia medicalizada, que o home de iniciais ADP, de 57 anos, veciño de San Xoán, xa falecera. O 112 mobilizou aos bombeiros, Garda Civil, policia local de Ferrol e informou á Autoridade portuaria. Á hora de redactar esta noticia, ás 13,30h o corpo do traballador permanececía aínda no porto agardando polo levantamento do cadaver.

Sociedade