Falece un mariñeiro de Ribeira nun naufraxio na costa de Burela

Falece un mariñeiro de Ribeira nun naufraxio na costa de Burela

15 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O mar cóbrase unha nova vítima en Galicia. Un mariñeiro faleceu por mor do afundimento do buque Ficha II acontecido a unhas 20 millas ao norte da costa lucense de Burela. O falecido atende ás iniciais F.J.G.P, tiña 40 anos e traballaba como engraxador. A embarcación, con base en Ribeira, de onde era a vítima envorcou por causas aínda descoñecidas contra as tres e media desta tarde.

O buque Marpar II, que faenaba canda a nave sinistrada, rescatou aos tripulantes caídos ao mar. Segundo as diversas informacións, eran oito, se ben aínda hai diferentes versións sobre o acontecido. Hai axencias de prensa que establecen seis deles resultaron ilesos, mais dous presentaban síntomas de hipotermia polo que foron trasladados ao Hospital de Burela a bordo do helicóptero Pesca II. Entre eles estaría o falecido. Outras informacións afirman que o mariñeiro morto non figuraba entre os dous aqueixados de hipotermia, aos que xa lle terían dado a alta.

Sociedade