Falecen dúas persoas e outras dúas quedan feridas graves en Barreiros

Falecen dúas persoas e outras dúas quedan feridas graves en Barreiros

06 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un grave accidente acontecido ás once e cuarto desta mañá saldouse con dúas persoas falecidas e outras dúas feridas graves tras unha colisión múltiple producida no concello e Barreiros (Lugo) con tres vehículos implicados. Debido á colisión faleceron os ocupantes dun Renault Clio con matrícula de Vitoria e resultaron feridas graves as d&uacu

Segundo os primeiros datos facilitados pola Garda Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar no quilómetro 572 da estrada N-634, que une Irún e Santiago. No accidente chocaron de maneira fronto-lateral o turismo Renault Clio e o Ford Focus e, posteriormente, colidiu contra ambos a furgoneta Iveco.

Sociedade