Faleceu Gustavo Pernas

O teatro galego perde a un vocacional actor e autor.
30 de Outubro, 2018 - 08:50 h. | Publicada por Radio Fene

O actor e dramaturgo Gustavo pernas faleceu onte na Coruña á idade de 58 anos.

Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981, onde realiza diversos traballos de investigación no campo do cine e do teatro, estudou posteriormente Arte Dramática en Madrid. Desde 1985 dedícouse profesionalmente ao teatro, como actor en diferentes compañías, co traballo de dirección e escrita dramática. Tamén foi actor e director de dobraxe. Desde 1997 impartíu clase en diferentes ámbitos do ensino: Profesor de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, foi Profesor de Dramaturxia e Arte Actual da Universidade da Coruña en Pedagoxía Teatral. En 1989 funda con Ánxela G. Abalo a compañía de teatro Áncora Produccións na que dirixiu e interpretou os seus propios textos. Ao longo da súa carreira colleitou numerosos premios. Os restos de Gustavo Pernas serán incinerados esta tarde no tanatorio Albia da Coruña onde se celebrará un acto ás 20,30 horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora