Faleceu o xove acordeonista Diego Feal

Faleceu o xove acordeonista Diego Feal

28 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O musico Diego Feal, membro da charanga Sound Machine, faleceu onte a consecuencia dun infarto ocurrido o domingo 18 de setembro do que non se recuperóu. Entérranno esta tarde , ás 17,30h no cemiterio de Laraxe, de onde era veciño.

Diego Feal tiña 34 anos e sorprendeuno un infarto o domingo 18 de setembro cando tomaba algo cuns amigos na cervexería Roibén de Fene. Radio Fene informabamos o luns do incidente e deciamos que fora ingresado na UCI do Arquitecto Marcide, onde permanecía en estado grave dende aquelas.

Diego Feal tocaba o acordeón na charanga Sound Machine que poidemos ver e escoitar na ultima romería do Pote de Maniños. Na foto está Diego, primeiro pola esquerda, tocando.

O enterro celebraráse na sua parroquia de Laraxe (Cabanas A Coruña) ás 17,30 da tarde. 

Sociedade