Falla a transparencia

O portavoz do BNG no concello de Fene entende que o PP non apoie aos encausados pola ocupación do Pazo de Meirás.
16 de Novembro, 2018 - 10:46 h. | Publicada por Radio Fene

Juventino Trigo maniféstase partidario da remunicipalización do servizo de auga en Fene e culpa ao goberno actual de non pedir unha nova subvención para continuar co proxecto "Fene Vivo". Son algunhas das manifestacións deixadas por Trigo no espazo As Foxas de Radio Fene esta mañá.

ESCOITA O PODCAST:

A remunicipalización do servizo de auga é a alternativa que defende o BNG de Fene diante do fin do contrato con Viaqua despois de 25 anos xestionando o servizo neste concello. Falamos desa postura dos nacionalistas e doutros asuntos da actualidade local con Juventino Trigo no programa As Foxas de Radio Fene. Trigo di que non recibiu as sentenzas xudiciais en torno á Moción de Censura ao seu goberno, porque quen as presentou foi o Concello e non o BNG. Dalle a volta aos argumentos do PP e Somos Fene, afirmando que eles empezaron xudicializando este caso e presentando as demandas.

O voceiro nacionalista entende que o PP non apoie aos encausados pola ocupación simbólica do Pazo de Meirás porque "non se deu desprendido do franquismo" afirma Juventino Trigo quen informa a Somos Fene - que tamén se abstivo neste asunto- que centos de feneses tiveron que aportar diñeiro para o regalo do pazo ao Caudillo e que un fenés está entre os encausados. As contas tampouco lle cadran ao BNG cando o goberno do PP-Somos Fene di que non debe nada e ve moi necesario que se presenten os Orzamentos de 2019 manifestou Trigo, para ver se así se corrixe a "falta de transparencia" do bipartito. Sobre as obras que empezan a verse, como o alumeado público de San Valentín, afirma o portavoz do Bloque que foi o seu goberno quen iniciou os trámites. De todo isto e doutros asuntos fala Juventino Trigo no espazo As Foxas.

Institucional

Publica o teu comentario agora