A falta de pediatras en Fene no Parlamento Galego

As concelleiras nacionalistas presentan unha proposición non de lei para que se cubran as prazas.
22 de Xaneiro, 2020 - 01:17 h. | Publicada por Radio Fene

Diante da falta de pediatras, o Grupo Parlamentar do BNG presenta unha Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5a.

Diante da falta de pediatras, o Grupo Parlamentar do BNG, a iniciativa das deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Ana Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Luis Bará Torres e Noa Presas Bergantiños, presenta unha Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5a.

Exposición de motivos da Proposición non de lei do BNG:

"" A asistencia pediátrica é un servizo do sistema público de saúde que sofre con maior virulencia esta situación de recortes, con masificación de consultas e moita poboación infantil que non é atendida por facultativ@s de pediatría, co que significa de peor calidade asistencial.

Un lugar onde se están detectando problemas e queixas é no concello de Fene. O servizo de pediatría no PAC de Fene vén sufrindo problemas de atención pola falla de

persoal, o PAC conta con 2 prazas de pediatra que están vacantes.

O servizo que conta con dúas pediatras, teoricamente, leva desde setembro coas prazas sen cubrir e até este momento o Sergas non deu ningunha opción satisfactoria

para solucionar esta situación. Diante deste problema, pais e nais usuarios/as do PAC enviaron numerosas queixas ao Sergas pola vía ordinaria, e as respostas foron tan pintorescas como que acudisen as crianzas de 0 a 3 ás urxencias do CHUF A. Marcide ,e os demais a calquera dos médicos de familia do centro de saúde que lles corresponda, Fene, Maniños ou A Capela.

A xerencia do Sergas de Ferrol prega por escrito paciencia e comprensión porque que non hai pediatras dispoñibles. En definitiva, falamos dunha poboación pediátrica de 1.700 persoas que precisan unha resposta áxil do Sergas e non evasivas. A saúde é un dereito fundamental, e para que a atención sanitaria que se preste sexa de calidade, é preciso contar co persoal necesario. No convencemento de que non hai asistencia sanitaria sen profesionais suficientes que a presten, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, presenta a seguinte proposición non de lei para o seu tratamento na Comisión 5a:

“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a garantir a atención pediátrica no concello de Fene en condicións de suficiencia e calidade, cubrindo as ausencias, vacacións ou baixas d@s pediatras e polo tanto realizar de inmediato as dúas ausencias de pediatría existentes"".

(Na imaxe, Icía, con un dia de vida)

Institucional

Publica o teu comentario agora