Faltou puntería

Tras o gol de As Pontes no minuto 12, o Perlío intentouno por activa e por pasiva sen sorte.
15 de Xaneiro, 2019 - 10:13 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños e o Perlío da Liga de futbol 8 enfróntanse no campo dos Pinares, ás 12. Reanudouse a competicion o sabado pasado coa derrota do Perlío no campo do Poboado. As Pontes 1- Perlío 0.

ESCOITA O PODCAST:

Temos un novo Derbi feminino o domingo. O Cultural Maniños e o Perlío da Liga de futbol 8 enfróntanse no campo dos Pinares, ás 12. Reanudouse a competicion o sabado pasado coa derrota do Perlío no campo do Poboado. As Pontes 1- Perlío 0. Un resultado que soupo a poucoa ás fenesas porque fixerono todo por darlle a volta a ese gol tempraneiro marcado no minuto 12 de partido. Segundo o técnico do Perlío, Juanjo Lorenzo, despois do gol das rivais, faltoulles nada máis que puntería e sorte porque tiveron innumerables ocasións para marcar.

O equipo segue mermado, ben sexa por lesións, estudos ou traballo nunca están todas. O Nadal non serviu para solventar esta situación que volveuse repatir nas Pontes. Para o derbi haberá baixas de novo. Pola contra o Maniños está no mellor momento da tempada, en palabras de Juanjo Lorenzo. O Perlío gostaría de agradar á afección na casa. O Cultural Maniños feminino descansou na anterior xornada e chegan frescas ao derbi que disputarán o domingo ás 12 na visita ao Pinares.

Deportes

Publica o teu comentario agora