Faltou seriedade, afirma o comité de Navantia

Faltou seriedade, afirma o comité de Navantia

05 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O portavoz do Comité de Empresa de Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, cualificou como "un pau" aos intereses do sector naval o rexeitamento da UE á construción do dique flotante e atribuíuno a que "desde o Goberno central e a Xunta de Galicia non houbo unha actitude seria" sobre o tema. Naveiras lamentou o pau que supón a resposta negativa da Unión Europea, a pesar de que "todo facía indicar que a forma de defender o dique flota

O portavoz do Comité sostén que desde España se realizou a solicitude de "forma tímida e sumisa", o que contrasta coa actitude doutros países, "como Holanda, que o fan de forma seria e conseguen diñeiro para os seus estaleiros".

"Nin neste caso nin no da caída do veto --a limitación europea á construción naval civil en Navantia Fene-- palpouse, nin por parte do Goberno central nin por parte da Xunta de Galicia, unha actitude seria e de estar encima do tema e cunha esixencia real", aseverou.

No entanto, desde o ámbito sindical, asegurou que se manterá a reclamación do dique flotante, co que se aspiraba a que os estaleiros públicos ferroláns puidesen incrementar a súa carga de traballo coa reparación de buques de maiores dimensións.

"TODA A CARNE NO ASADOR"
Unha reclamación de que se poña toda a carne no asador" e de que se faga "de forma seria e non partidista", para poder "xerar riqueza no único sector con certas posibilidades de saúde que hai en Ferrolterra", concluíu.

Sociedade