Faltoulle definir

Derbi na próxima xornada entre o C.Maniños e o Perlío
02 de Outubro, 2018 - 12:04 h. | Publicada por Radio Fene

As Pontes- Perlío quedou en tablas e foi moi disputado

ESCOITA O PODCAST:

A Liga de futbol feminina de Fútbol 8 tráenos un derbi para a cuarta xornada. O próximo sabado enfréntanse no campo do Pote, o Cultural Maniños e o Perlío. Un encontro motivador para as xogadoras e os seus técnicos. O do Perlío, Juanjo Lorenzo, califícao de partido especial e con motivación extra para as xogadoras. Con el falamos dese derbi, que se xoga o sabado ás sete e cuarto da tarde en Maniños, e do último xogado nos Pinares e rematado en tablas, Perlío 1- As Pontes 1. Juanjo Lorenzo recoñece que o último choque estivo moi disputado e que os equipos teñen un nivel similar a pesar de facer un xogo diferente, máis directo por parte de As Pontes e máis elaborado polas do Perlío. Se lle faltou algo ao equipo de Juanjo, segundo palabras do técnico, foi definir.

Deportes

Publica o teu comentario agora