Familia Caamagno, prato forte do Grelo Folc en Monfero

Familia Caamagno, prato forte do Grelo Folc en Monfero

18 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Familia Caamagno é o prato forte do Grelo Folc que este sábado se celebra nas inmediacións do Mosteiro de Monfero. A xornada comezará cunha churrascada a mediodia, “A nabiciña” para os nenos pola tarde e o festival a partir das dez da noite. Mesturando o garaxe, o blues, a empanada de polbo, os spaguetti bolognesa, a proba dos rixóns, o rhythm and blues, o punk, o sexo nas obras, a hixiene persoal e a extorsi&oac

Actuarán Os tres trebóns, Taghaitai e as pandereteiras Bouba de Tordoia. Fechará o grelo este ano Familia Caamagno, un grupo "moi divertido",  segundo Xoan Manuel Castro, da asociación O Abordelo.
Unha carpa cubrirá o campo da festa de Monfero. Nas inmediacións do Mosteiro tamén se habilitará unha zona de acampada.

Sociedade