A familia de José Couso seguirá pelexando

A familia de José Couso seguirá pelexando

22 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A morte de José Couso vulnerou o Dereito Internacional Humanitario, segundo a familia do xornalista ferrolán. Por iso desminten que houbera arquivo definitivo da causa e ratifican a súa vontade de continuar coa batalla xudicial polo esclarecemento dos sucesos acaecidos en abril do 2003 no Hotel Palestina de Bagdad.

A familia do cámara de Tele 5 precisa que a sección segunda da sala do penal da Audiencia Nacional ven de ordenar ao xuiz instructor concluir o sumario. Agora, o maxistrado, unha vez dictada a resolución de conclusión do sumario, deberá elevar os autos á sala do Penal, quen decidirá ben a apertura do xuizo oral ou ben o sobreseimento do actuado. Os representantes da familia propoñerán nese momento a práctica de novas probas, entre elas probas testificais ata agora non practicadas e de determinante importancia, segundo aseguran. Tamén sinalan a súa decisión de recurrir calquera resolución de sobreseimento libre ou provisional do sumario. Asimesmo adiantan a posibilidade de recurrir en amparo ao Tribunal Constitucional o Auto da Sala do Penal que ordenou a conclusión inmediata do sumario.

Sociedade