A familia formaliza a denuncia contra a Xunta de Galicia por neglixencia

A familia formaliza a denuncia contra a Xunta de Galicia por neglixencia

10 de Agosto, 2018 - 12:00 h. | Publicada por

A filla do home falecido o sábado no PAC da Estrada sen asistencia médica formalizou no cuartel da Garda Civil de Lalín a súa denuncia contra a Xunta de Galicia por neglixencia. Contan xa co informe preliminar da autopsia de Jose Manuel Brey Brea que confirma a morte por asfixia debida á obstrucción da vía aérea.

A familia considerao unha proba evidente de que a morte non foi consecuencia a doenza crónica do paciente. Dan por feito que podería terse salvado se no PAC houbese ese dia persoal médico cualificado. Pretenden que se dote de máis persoal os servizos de urxencias.

 

O sábado pasado traballaban no Punto de Atención Continuada da Estrada só unha celadora, unha médica e unha enfermeira que tiveron que ausentarse do Pac para atender unha emerxencia nun domicilio, que ademais se dilatou pola necesidade de acompañar despois ao paciente a un centro hospitalario.

Sociedade