Familiares, veciños e a Garda Civil buscan en Toén a unha moza de 19 anos desaparecida

Familiares, veciños e a Garda Civil buscan en Toén a unha moza de 19 anos desaparecida

26 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Un dispositivo de ao redor de 60 persoas tratan de localizar a unha moza de 19 anos de idade, veciña da localidade ourensá de Toén, que falta do seu domicilio desde a madrugada do pasado domingo. Trátase de Laura Alonso, unha moza que saíu o sábado pola noite do domicilio dos seus pais, situado na poboación de Xestosa e ao que non regresou. De momento só conseguiron atopar o seu coche e o seu teléfono móbil.

Pasadas as 24 horas legalmente estipuladas para considerala oficialmente como desaparecida, montouse un dispositivo de busca formado por axentes da Garda Civil, efectivos de Protección Civil; así como familiares e veciños.

A primeira busca logrou a localización do coche da moza nunha pista de Alongos. O vehículo estaba aparcado e pechado. Posteriormente, nas inmediacións do colexio de Toén atoparon o seu teléfono móbil, polo que seguen a buscala nas inmediacións do centro escolar.

Sociedade