Fase final do Plan Director do Parque do Pasatempo

Fase final do Plan Director do Parque do Pasatempo
08 de Novembro, 2022 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Concello de Betanzos vai programar visitas guiadas polas obras do Parque do Pasatempo. Pero de momento o Parque está pechado pola restauración do estanque que se prolongará ao longo de 2023. Ata que se concreten esas visitas, prégase que non se acheguen visitantes pola zona. O Plan director do Pasatempo está a piques de rematarse, segundo o director do Museo das Mariñas Angel Arcay. 

ESCOITA O PODCAST:

Na imaxe, Angel Arcay nunha visita ao Parque do Pasatempo

Escoita ao director do Museo das Mariñas
http://173.255.131.18/audio/081122ARCAY.mp3
 

Fotografía: Antonio Pérez Abella

Juan García Naveira e o seu irmán Jesús planificaron o proxecto enciclopédico do parque do Pasatempo despois de facer fortuna na Arxentina. Inaugurouse en 1914 e abarcaba unha área de terreo catro veces máis grande do que se conserva na actualidade. Cunha estética modernista e romántica, os seus xardíns querían representar elementos da cultura universal e das diferentes partes do mundo. O Concello de Betanzos proxecta organizar visitas guiadas as obras do Parque do Pasatempo.

Cultura

Publica o teu comentario agora