Fase recreativa do Maniños

Fase recreativa do Maniños
06 de Maio, 2024 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Os goles abriron unha fase recreativa do Maniños. “Xa o primeiro gol afectou bastante ao Narón, que foi un rival correoso” salienta o adestrador do Maniños Adrián Martínez. Na Primeira Galicia de fútbol, Maniños 2 - 0 Narón.  A próxima xornada o Maniños visita ao Valdoviño. Ningún dos dous equipos se xoga nada, pero ten o atractivo de ser o último partido de Liga para o equipo do Pote. Logo tocáballe xogar contra o Laracha, equipo retirado da competición.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martínez:
http://173.255.131.18/audio/060524MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

No partido de onte, Raul Albela marcou os dous goles no minuto 70 e no 84.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora