A fauna estable na lagoa artificial das Pontes

A fauna estable na lagoa artificial das Pontes

26 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

“Vai ser complicado contar cunha fauna estable na lagoa artificial das Pontes, segundo o xefe da estación hidrobiolóxica da Universidade de Santiago de Compostela Rufino Vieira. O biólogo achegouse a Maniños (Fene A Coruña) e ofreceu unha charla dentro das Xornadas organizadas pola Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos do Rio Baa. Actividade rematará esta tarde de sábado cunha churrascada no muiño de Emiliano.

O xefe da estación hidrobiolóxica amosou a súa preocupación polas consecuencias que poida ter nun futuro no rio Eume, a lagoa artificial creada nas Pontes. Para contar con animais no lago da mina, habería que regular o ph, indicou Rufino Vieira.

A estación de hidrobioloxia de Galicia funciona no lugar de Castroagudín en Vilagarcia de Arousa (Pontevedra). Depende da Universidade de Santiago de Compostela e pretende favorecer a docencia, a investigación sobre augas correntes e fluviais e a divulgación do estado do coñecemento. Vieira indicou que nas augas da denominada Galicia costa exiten 161 puntos de verquido legalizados ademais de outros moitos difusos. Os verquidos industriais, xurros, abonos, sulfatos, etcétera denotan unha falla de preocupación polo coidado dos rios.

Sociedade