A fecundidade artesanal de Buño

A fecundidade artesanal de Buño

02 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Os oleiros de Buño volven a expoñer as súas tradicionais pezas de barro e a recrear a vida artesanal de principios do século pasado. Desde este venres 6 ata o 15 de agosto celebrarase a XXVII Mostra de Olería desta localidade de Malpica de Bergantiños na contorna do edificio e instalacións da Casa do Oleiro. Unha das manifestacións etnográficas e culturais máis singulares de Galicia pero o «Buño oleiro» tamén sup

Esta feria-festa adicada a un dos máis representativos e antigos centros alfareiros inaugúrase este venres co VI Encontro de música e danza tradicional a cargo dos grupos Carcaxía, Raigañas e Malante. O sábado, terá lugar aConcentración Galega de Vehículos Porsche . Baixo o título “Os nenos na olería”, os máis pequenos poderán participar nun concurso de modelado e xogos para nenos ademais de disfrutar da representación de Pablo ”Trasno”, Nuevo Circo. O mércores 11, haberá un xantar de confraternidade alfareira e pasarrúas do grupo de gaiteiros da A. C. Malante e ao día seguinte na Casa do Oleiro a representación de Pista Catro, “ Ringo Rango”. 

Non faltará a  Cocedura tradicional no “Forno do Forte” que inclúe a carga e acendido do mesmo e a Festa da Carroa. Poderán verse Alfareiros de oficio centenario, de homes e mulleres creando no pouso dos talleres repartidos polas rúas. Auga, barro e lume darán testemuña da labor diaria de ducias de artesáns amosando a súa creatividade.

Mostra de Olería de Buño, do 6 ao 15 de agosto de once da mañá a dúas da tarde e de cinco a nove da noite.

Cultura