A Federación de ANPAS de Ferrolterra pide que aos pais que non substitúan os libros en galego polo castelán

A Federación de ANPAS de Ferrolterra pide que aos pais que non substitúan os libros en galego polo castelán

07 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Como cada mes de setembro, ós máis pequenos tócalles volver a escola. Os nenos e nenas de primaria comezarán o curso o día 10, mentres que os de secundaria farano o 17. Este ano trae novidades a respecto da entrada en vigor do denominado como decreto do prurilingüismo no ensino non universitario e que supón que moitos dos libros que ata o momento eran útiles pasen a non selo polo feito de estaren escritos en galego. As materias que abandoan o galego a fa

Referido ó idioma, o presidente das ANPAS de Ferrolterra referiuse tamén a que os mestres poidan ser libres para escoller a lingua na que queren impartir a súa clase. Asegurou que do mesmo xeito que nunca se penalizou a un mestre que falara en castelán cando o debería facer en galego, tampouco poderán castigar a un mestre que fale en galego. Asemade, o Presidente da Federación referiuse ós recortes que sufriron varios centros da zona a respecto do número de traballadores. Centros como os da Gándara, o Marqués de Suances ou o de San Xoan de Filgueira víronse afectados polos recorte de persoal, namentres que centros que se ven saturados polo número de alumnos non viron aumentado o seu persoal. 

Sociedade