Feijóo asegura que el tería resolto o caso Alakrana “coa diplomacia”

Feijóo asegura que el tería resolto o caso Alakrana “coa diplomacia”

19 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Fomos leais co Goberno porque tiñamos un obxectivo común, pero agora o noso deber é reclamar a verdade do que pasou”. Así o pensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para quen o lóxico é que o Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero xa tivese ofrecido explicacións “sobre o que tivo que dar ou ceder” aos piratas somalís no caso do secuestro do Alakrana. O pago dun rescate, o desembar

O titular da Xunta permitiuse exercer a política ficción e afirmou que, de ser el o presidente de España, “non mentiría, e antes de escoller a vía xudicial para resolver o conflito, empregaría a diplomática”. Núñez Feijóo coida que o Goberno español errou ao xudicializar o secuestro, unha vía, afirmou, “que non permite dar marcha atrás”.

Os socialistas galegos desbotan que haxa ocultación de datos dende Madrid e consideran que se está a desviar o foco da culpabilidade. O secretario xeral do PsdeG, Manuel Vázquez, quixo lembrar nesta xornada que os responsables de todo o acontecido foron os piratas e afirmou que el non é quen para falar dunha presunta compensación económica pola liberación dos mariñeiros.

O BNG ten claro que “hai responsabilidades políticas”, e o seu voceiro nacional, Guillerme Vázquez, anunciou que as reclamará nos foron axeitados. Criticou as incoherencias existentes na versión oficial do acontecido durante os 47 días de cativerio, mais avanzou que os nacionalistas non pensar usar a cuestión “a tope”, como está a facer o PP “dende a trinchera política”. Guillerme Vázquez.

Institucional