Feijóo celebra o aniversario da vitoria electoral no Vaticano

Feijóo celebra o aniversario da vitoria electoral no Vaticano

01 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Unxido polo Santo Pai, como se máis que unha vitoria, aquilo fose un advento. Así celebrou o líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, o primeiro aniversario da súa gloria nas eleccións autonómicas, o que lle permitía acudir nesta xornada, en calidade de presidente da Xunta, ao Vaticano para ser recibido polo Papa Benedito XVI. Hai 365 días que, contra os prognósticos iniciais e logo dunha campaña electoral moi agresiva e

A celebración do éxito colleu a Núñez Feijóo en Roma. Alí trasladoulle os seus plans para a celebración do Ano Santo Xacobeo ao embaixador ante a Santa Sede, Paco Vázquez, e, non menos importante, ao Santo Pai. Deste último encontro, Feijóo dixo que saía “esperanzado”, albiscando a posibilidade de que Ratzinger visite Compostela en 2011 co gallo do aniversario da Catedral de Santiago. Agasallou ao Papa cunha reprodución do botafumeiro e do Codice Calixtino e dixo sentirse “emocionado” cando o líder da Igrexa católica gabou o feito de que estivese en idioma galego.

Institucional