Feijóo sae ileso tras embestir o seu coche a dous xabaríns

Feijóo sae ileso tras embestir o seu coche a dous xabaríns

09 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

“Se non chegamos a levar un coche grande houbéramos tido un problema peor”. Son declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recollidas por La Voz de Galicia esta mañá nunha conversa informal que o líder do PPdeG mantivo cos xornalistas tras coñecerse que saíu ileso dun accidente de tráfico rexistrado onte á noite e no que o coche no que viaxaba levou por diante a dous xabaríns. O vehí

O chofer do líder dos populares galegos tería decidido impactar contra os porcos bravos en troques de esquivalos para evitar un accidente grave, informou La Voz. De resultas do impacto, o frontal do vehículo ficou esnaquizado e o automóbil tivo que ser trasladado ao taller para a súa reparación. A Garda Civil levantou atestado do sinistro provocado polos dous xabaríns, unha femia e a súa cría. O xefe do Executivo autonómico continuou viaxe a Compostela no coche dos seus escoltas.

Xa esta mesma mañá, nun acto en Lugo ao que chegou con retraso, Feijóo confirmaba o suceso e confesaba que tivo que tratarse con antiinflamatorios para paliar a dor que sentía nun ombreiro por mor da colisión. Nun comunicado urxente, o PPdeG cualificou o acontecido de “pequeno accidente”.

Sociedade