Feijoo escoita, enfermería en loita

Feijoo escoita,enfermería en loita
13 de Xaneiro, 2020 - 12:56 h. | Publicada por Radio Fene

Feijoo, escoita, a enfermería en loita. Esa foi a demanda que este mediodía fixeron patente as “Enfermeiras eventuais en loita” no vestíbulo do Arquitecto Marcide en Ferrol. Son cincocentas enfermeiras eventuais na área sanitaria. Padecen contratos por dias ou por horas que lle ofrecen telefonicamente sen antelación ningunha. Pero non se resignan. As enfermeiras eventuais en loita programan doce loitas para este ano 2020.

ESCOITA O PODCAST:
Enfermeiras eventuais en loita

Esta mañá desenvolveron a primeira das accións de protesta programadas. Afirmaron que a atención sanitaria,  aínda cos mellores profesionais, leva inherente un risco de eventos adversos, a maioría evitables, que se reducirían cun número adecuado de profesionais. As enfermeiras queren contar con contornas laborais positivas. Indican que aumentar o número de enfermeiras é necesario para atender as demandas dunha poboación cun progresivo avellentamento e un aumento da dependencia e das enfermidades crónicas. En Galicia hai catorce mil enfermeiras, mentres que no Pais Vasco superan as vinte mil. E son un piar fundamental para lograr unha sanidade pública de calidade.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora