Feijoo promete “espera cero” para os pacientes con cancro e outras doenzas graves

Feijoo promete “espera cero” para os pacientes con cancro e outras doenzas graves

24 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O candidato do PpdeG á presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, aposta pola creación dun seguro público que garanta por lei que as listas de espera non superen os 60 días en cirurxía e os 45 para unha proba diagnóstica. Para os casos dos pacientes de cancro ou outras patoloxías graves defendeu a “espera cero”. &

O líder do Partido Popular galego defendeu unha “sanidade pública ao 100%”, prometendo que todos os hospitais, tanto os actuais como os que se constrúan nos vindeiros anos, dependerán do Servizo Galego de Saúde.

Nesta liña, Feijoo rexeitou recuperar o sistema de fundacións posto en marcha no anterior goberno do Partido Popular.

Institucional