A Feira do Bonito de Burela quere atraer a atención estatal

A Feira do Bonito de Burela quere atraer a atención estatal

27 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Fresca como o peixe que os barcos capturan de xeito tradicional, así chega cada nova edición da Feira do Bonito de Burela. Esta XXXI Edición, que se celebra o venres 31 de xullo e o sábado 1 de agosto chega coa vontade de “aumentar as actividades e facer máis cousas para facela máis atractiva para a xente”, explica o concelleiro de Cultura  José Díaz. Tan atractiva com

O concelleiro José Díaz destaca que entre as novidades que incorpora a programación deste este ano está a exhibición de carrilanas “Bonito Vai, Bonito Vén”, que aproveitará o venres a orografía local para que os bólidos collan velocidade. Dende esa xornada e durante toda a fin de semana poderase degustar na rede de hostalería local, grazas á colaboración da asociación de comerciantes, tapas de bonito a 2 euros en diversas preparacións.

O sábado, haberá tamén a Olimpiada da Costeira e xogos e obradoiros infantís, así como sesión vermú con animación musical. Tamén se incorpora á festa pola tarde un Torneo Aberto de Xadrez “Reyes y Peones” que, segundo o edil, é unha disciplina que “cobra importancia porque se vai incluír na oferta educativa de moitos colexios” é é tamén “un xogo que reflicte a vida mesma”. Pola noite farase a presentación da nova edición do Festival Osa do Mar, que se desenvolve en setembro, e como gran belisco, os concertos “Feira da Osa Bonita”, con actuacións de Escuchando Elefantes, Sen Senra, Puma Pumku, Nistra Batuko e DJ Chente.

Mais, como lembra o edil de Cultura, “o bonito debe seguir sendo o centro”. Para iso cociñaranse 2.800 quilos do produto que darán para 3.000 ou 3.500 racións ao prezo de 8 euros, con preparación cocida, en empanada ou asado á grella. E non hai que temer á chuvia, porque este ano hai carpa para gozar da XXXI Feira do Bonito de Burela.

Sociedade