Felices fiestas?

O BNG de Fene dará a coñecer a súa candidatura ás eleccións locais a primeiros de febreiro
18 de Xaneiro, 2019 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

A arcada navideña que desexaba "Felices fiestas" a quen entraba no concello de Fene ten avergoñado ao portavoz municipal do BNG, segundo declarou esta mañá. Sobre o retroceso do Galego en Fene falou o edil nacionalista no espazo As Foxas.

ESCOITA O PODCAST:

Ás deficiencias do centro de saúde fenés se refería esta mañá o protavoz municipal do BNG, Juventino Trigo, protagonista do espazo As Foxas. Trigo falou tamén da xestión municipal da auga afirmando que son defensores da remunicipalización se ben, hai que estudar o sistema que máis conveña a Fene. En caso necesario non se opoñen a outras solucións, segundo declarou.

Outro dos asuntos que preocupa aos nacionalistas é o retroceso linguístico que sofre o concello fenés desde que gobernan o PP e Somos Fene. Un concello que sempre destacou pola defensa e promoción do Galego, afirmou Trigo, está tirando todo pola borda.

O Punto limpo, afirmou o voceiro nacionalista, "da conta da inoperancia do goberno de Fene que tras meses de equivocacións, agora anuncia que ata despois das eleccións locais non vai poder poñerse en marcha".

Durante a entrevista, anunciou o portavoz nacionalista e candidato á alcaldía polo BNG, que a primeiros de Febreiro, antes do dia 10, o Bloque de Fene terá presentada a totalidade da súa candidatura ás eleccións de maio.

Institucional

Publica o teu comentario agora