Felipe Senén fala en Ares sobre o Antroido

Felipe Senén fala en Ares sobre o Antroido

05 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Cultural Xábrega de Ares organiza unha conferencia sobre “O entroido en Galicia: símbolos e variedade” que terá lugar mañán sabado dia 6 ás 19,30 nas Alianzas Aresáns.

A charla correrá a cargo do arqueólogo Felipe-Senén López, investigador e conferenciante sobre diversos aspectos da cultura galega. No acto estarán presentes Nica e Bonipersonaxes propios da tradición do entroido na parroquia de Chanteiro que chegaron a ser coñecidos en toda a comarca, e actuará o grupo “Os dous de sempre”.

Felipe-Senén López Gómez é un recoñecido arqueólogo e investigador. Na actualidade traballa como técnico de xestión cultural na Deputación da Coruña, pero a súa praza está no Museo Arqueolóxico de A Coruña, situado no Castelo de San Antón, como director-conservador.  

Sociedade