Feminismo e teatro non gratuito

Feminismo e teatro non gratuito

10 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O teatro volve esta tarde ao Torrente Ballester de Ferrol. Tres de Trans e Maquinarias Teatro escenifican “La piscina” “Nata agria”. As sete desta tarde en Ferrol. As entradas véndense nas taquillas do Teatro Xofre ao prezo de tres euros. Onte foi o grupo de teatro Xosé María Pérez Parallé coa obra Mamá e señora para todo, declárase en rebeldía.

Matilde Castro sostén a obra “Mamá, señora para todo, declárase en rebeldía” que o grupo Xosé María Pérez Parallé levou onte ao Torrente Ballester de Ferrol. Ben certo é que está rodeada de extraordinarios actores e actrices e da dirección de Carlos Basoa. Todos eles recibiron moitos aplausos dun público entregado á obra na que unha ama de casa se rebela contra un traballo que nunca cesa e nunca lle pagan. Unha mesa e un confesionario son os únicos elementos que acompañan en escea aos personaxes. A música de Guadi Galego e de Sés elevan os ánimos do público. Queren facer teatro non gratuito, en palabras de Carlos Basoa.

A Marcha Mundial das Mulleres agradeceu a participación desinteresada dos grupos de teatro para estas representacións de axuda á Caravana Feminista que saíu do Kurdistán o 8 de marzo e rematará o 17 de outubro en Lisboa. Pasará por Ferrol o día 5, daí os preparativos para a súa recepción.

Sociedade